Bases IV Concurso Internacional de Curtametraxes – FKM 2015

>>Español >>English

1. Concurso de ámbito nacional e internacional organizado polo FKM- Festival de Cinema Fantástico da Coruña, (en diante FKM ou a “Organización do Festival”) no que poderán participar realizadores/as a nivel individual ou colectivo, cuxa data de produción das películas presentadas non poderá ser anterior ao 1 de Xaneiro de 2014.

2. A duración das obras participantes non poderá exceder de VINTE minutos con títulos de crédito de inicio e final incluídos. Todas as curtametraxes teñen que ser proxectados como Premieres en Galicia.

3. Non existe límite en canto ao número de obras que poida presentar un mesmo autor ou autores, pero só se poderán presentar para a súa proxección en Full-HD, BluRay, HDcam, Betacam, DCP non encriptado e 35mm.

Os gastos de envío e devolución das curtametraxes seleccionadas correrán a cargo dos participantes.

4. Poderán participar no Concurso os maiores de dezaoito (18) anos e os menores que conten coa debida autorización dos seus titores legais.

5. Para inscribir unha curtametraxe no festival e facilitar o seu visionamento ao equipo de selección, o único procedemento aceptado é: subir a curtametraxe ás plataformas asociadas ao festival, (festhome.com o MoviBeta.com) e cumprimentar a ficha adxunta cos datos solicitados que atoparán nas propias plataformas.

Características das obras:

a) As obras enmarcaranse dentro dos xéneros de terror, fantástico e ciencia ficción. Poderanse presentar curtametraxes de animación e de imaxe real, que participarán conxuntamente e optando ao mesmo premio que os outros curtametraxes.

b) O idioma das obras será español ou galego, as obras que estean noutros idiomas deberán levar incrustados os seus correspondentes subtítulos en calquera destes dous idiomas.

as curtametraxes cuxo idioma orixinal é castelán ou galego deberán achegar subtítulos tamén en inglés.

No caso excepcional de que unha película sen subtitular sexa seleccionada, requirirase a lista de diálogos en inglés cos códigos de tempo en formato .doc, .txt, .rtf ou .xls.

O incumprimento da entrega do material solicitado no formato e características solicitados podería deixar á curtametraxe fóra de Concurso.

6. A Organización do Festival fará unha selección dos curtos recibidos e de entre os curtos seleccionados haberá dous premios, un outorgado por un xurado oficial composto por profesionais do medio cinematográfico e da cultura, seleccionado pola Organización do concurso, e o premio do público. Os premios consistirán en:

a) Premio do Xurado: Trofeo FKM (en bronce) e documento acreditativo do galardón asinado e selado por FKM e os membros do xurado.

b) Premio do Público: Trofeo FKM (en resina sintética pintada a man por un/a artista seleccionado polo Festival) e documento acreditativo do galardón asinado e selado por FKM.

7. As curtametraxes seleccionadas exhibiranse no Festival FKM. Unha vez seleccionados para o festival, as curtametraxes non poderán ser retirados da programación nin da proxección de FKM 2015 baixo ningún concepto.

Os responsables das curtametraxes seleccionadas dan o seu permiso para que a organización do festival poida exhibir a copia entregada e utilizar un extracto das mesmas con fins de promoción relacionados co festival.

8. A Organización do Festival poderá divulgar, reproducir e comunicar publicamente secuencias ou fragmentos, imaxes, fotogramas, fotografías ou elementos sonoros das mesmas, en calquera formato ou soporte e por calquera sistema, procedemento ou modalidade, exclusivamente co fin de promoción do festival e sempre sen ánimo de lucro.

9. Os participantes garanten que as obras que presentan a concurso son orixinais, que non vulneran dereitos de terceiros e que non realizaron nin realizarán ningún acto susceptible de impedir ou dificultar á organización e aos patrocinadores o exercicio pleno e pacífico dos dereitos que se ceden ao seu favor en virtude das presentes bases do concurso. No caso de que os participantes incorporen nas obras presentadas a concurso algunha obra preexistente, que non se atope no dominio público, deberán solicitar a autorización previa e por escrito aos correspondentes titulares de dereitos. En consecuencia, os participantes responderán fronte á organización e os patrocinadores por calquera acción ou reclamación que exerza calquera terceiro en relación coa cesión e/ou exercicio dos dereitos cedidos en virtude da súa participación no presente concurso.

10. Os datos de carácter persoal facilitados ao efecto de poder participar no Concurso, serán obxecto de tratamento e incorporados ao correspondente ficheiro de titularidade da Organización do Concurso, todo iso con suxeición ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

A recollida e tratamento dos datos persoais ten como finalidade a xestión dos participantes no Concurso, así como o envío a devanditos participantes de información acerca doutras actividades e concursos que a Organización do Concurso poida organizar no futuro.

Os participantes do Concurso autorizan de forma irrevogable e gratuíta á Organización do Concurso para facer uso da súa imaxe, en calquera publicidade ou aviso que se realice a través de calquera medio escrito ou audiovisual, xa sexa en canto ao seu nome como á recepción dos premios.

Para o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición en relación cos datos solicitados con ocasión do Concurso, o interesado deberá dirixirse por correo a fkm@freakemacine.org

11. A data límite para entregar as obras será o 30 de Setembro do 2015.

A organización do certame decidirá os días e as horas da proxección dos mesmos durante o festival.

A organización unicamente contactará cos directores/produtores/distribuidores das obras seleccionadas, que recibirán instrucións para o envío das devanditas obras nos formatos de exhibición descritos no punto 3.

Esta comunicación pode ter lugar até principios de outubro.

O cumprimento do Formulario de Inscrición adxunto nas plataformas colaboradoras leva o compromiso do autor ou autores/produtores/distribuidores de non retirala do Concurso.

12. A organización decidirá sobre todas as cuestións non previstas nas mesmas, así como poderá autorizar excepcións que poidan contribuír a un maior éxito do concurso ou a unha mellora da xestión.

A inscrición ou o envío dunha película ao festival implica a aceptación incondicional destas bases.

 

concursocortos2015