Bases I Concurso Internacional de Longametraxes – Ópera Prima- FKM 2015

>>Español >>English

1) A organización do festival será a encargada de seleccionar as películas para concurso.

2) Todas as Obras teñen que ser terminadas despois do 1 de xaneiro de 2014.

3) A inscrición xunto coa cubrición da folla de inscrición habilitada para iso pódese facer unicamente a través de dúas plataformas:

 

4) Non será aceptado ningunha longametraxe que chegue por outras vías

5) Todas as películas teñen que ser proxectadas como Premieres en Galicia. Como regra xeral, terán prioridade as Premieres en España.

6) Só se aceptará unha obra por autor e ha de ser recoñecida oficialmente como a súa primeira longametraxe.

7) O formato de proxección debe ser 35mm, DCP (preferentemente) e Blu-Ray (excepcionalmente). No caso de que os soportes sexan DCP, Festival nunca se fará cargo dos gastos derivados da xeración das DKDM ou KDM.

8) Os gastos de transporte das copias das películas seleccionadas, así como o seguro das devanditas copias correrán a cargo do participante até a súa chegada ao festival. FKM farase cargo do seguro das copias desde o momento en que estas cheguen até o momento da súa devolución.

9) A devolución das copias das películas seleccionadas polo Festival, tamén correrá a cargo do participante e non se efectuará antes da súa data de clausura. Se a copia da película ten que estar noutro festival antes de clausura de FKM, nese caso, deberanse especificar as datas exactas no entry form para que o festival o teña en conta na programación.

10) O idioma das obras será español ou galego, as obras que estean noutros idiomas deberán levar incrustados os seus correspondentes subtítulos en calquera destes dous idiomas. As películas cuxo idioma orixinal sexa castelán ou galego deberán achegar subtítulos tamén en inglés. No caso excepcional de que unha película sen subtitular sexa seleccionada, requirirase a lista de diálogos en inglés cos códigos de tempo en formato .doc, .txt, .rtf ou .xls.

11) O tempo mínimo de duración debe de ser de polo menos 60′.

12) Os xéneros aceptados son fantástico, terror, ciencia ficción e animación. Aínda que tamén, Ópera Prima estará aberta a obras cuxa individualidade pura as faga posuidoras de xénero propio.

13) A produtora ou distribuidora das películas seleccionadas recibirán a folla de inscrición. A produtora ou distribuidora comprometerase a encher e enviar ao festival a folla de inscrición 25 días antes do inicio do festival. No caso de que o festival teña que compartir a copia con outros festivais, deberase precisar no a folla de inscrición, especificando a dispoñibilidade da copia dentro das datas do noso festival.

14) Todas as películas seleccionadas para a Sección Oficial competitiva, Ópera Prima recibirán un certificado de participación por parte da dirección de FKM, Festival de Cinema Fantástico da Coruña.

15) O Premio OSSORIO á mellor Ópera Prima será decidido por un xurado constituído ao efecto, elixido pola dirección do Festival FKM e que estará composto por tres profesionais do cinema e da cultura que outorgarán os seguintes premios e galardóns:

a) Premio OSSORIO do Xurado á mellor Ópera Prima: Trofeo FKM (en bronce) e documento acreditativo do galardón asinado e selado por FKM e os membros do xurado.

Diplomas:

  • Mellor guión
  • Mellores efectos especiais
  • Mellor Banda Sonora Orixinal

O xurado reservarase a posibilidade, se o cre conveniente, de conceder unha única mención.

b) Premio do Público: O público outorgará por votación o Trofeo Percebe Mutante á Mellor Ópera Prima (Trofeo en resina sintética pintada a man por un/a artista seleccionado polo Festival) e documento acreditativo do galardón asinado e selado por FKM.

16) O Premio OSSORIO darase a coñecer e entregarase no evento de clausura do Festival. En dicha clausura, tamén se entregarán os outros galardóns outorgados polo xurado seleccionado e entregarase o Percebe Mutante do Público pintado por un artista de recoñecido prestixio da Coruña.

17) A empresa que presta a película deberá proporcionar o Festival material publicitario: fotos, pósteres, dossiers de prensa, trailer, etc. para que o Festival poida promocionar a película adecuadamente.

18) No caso que a copia resulte danada como consecuencia da súa exhibición no Festival, o propietario comunicarao ao Festival antes dun mes, a contar a partir da data de devolución. A responsabilidade do festival non superará o custo de tiraxe dunha nova copia, segundo as tarifas en vigor dos laboratorios para o tiraxe da copia estándar.

19) A organización do certame decidirá os días e horas de proxección da película. Ningunha película será proxectada máis de 2 veces incluído o pase para a prensa, sen o consentimento previo do propietario.

20) A data límite para entregar as obras será o 21 de Setembro do 2015.

A organización do certame decidirá os días e as horas da proxección dos mesmos durante o festival.

21) A confirmación de participación por parte dos produtores ou representantes da película seleccionada, significa que non poderán retirala da programación do festival baixo ningún concepto.

22) A participación no Festival supón a aceptación deste regulamento.

23) Calquera cuestión que xurda ao longo do Festival, non contemplada no presente Regulamento, será decidida pola organización do certame de acordo co regulamento internacional.

 

ConcursoOperasPrimas2015