Mércores 26 Outubro 23:15h Cantones Cines

Entrada libre e de balde até completar aforamento.

A nova xeración de produtores mexicanos formada por Xullo Chavezmontes e Moisés Cosio (Remember de Atom Egoyam, La danza de la realidad de Alejandro Jodorowsky e Cemetery of Splendour de Apichatpong Weerasethakul ) presentan We are the flesh, o post-apocaliptico e experimental debut de Emiliano Rocha Minter, un novo director de 25 anos.

Esta película está apadriñada polo oscarizado, Alejandro González Iñárritu (El Renacido, Birdman e Amores Perros); Alfonso Cuarón (Gravity) e por Carlos Reygadas (Luz silenciosa, Post Tenebras Lux) quen ademais participa como co-produtor da mesma.

Distribuidora: Reel Suspects festivals@reelsuspects.com
Emiliano Rocha Minter. Artista interdisciplinar, naceu en 1990. Iniciou a súa carreira aos dezaseis anos, e desde entón colaborou en máis de vinte títulos, como fotógrafo, produtor e director de fotografía. A súa terceira curta, Dentro (2012), proxectouse en diversos festivais.