T.T.T. [Nano4814, BRK192, Sekone]

ttt(22 de outubro – 18 de novembro 2016)

Galeria Monty4  Rúa Montroig, 4 15001 A Coruña

Durante tres días (19, 20 e 21 de outubro), tres artistas (Nano4814, Brk192 e Sekone) apoderaranse da galería Monty4, intervindo con total liberdade nos seus muros. O resultado poderase ver o sábado 22 de outubro, a partir das 13.00h. Durante a inauguración haberá música escollida polos artistas e intervencións de pintura en directo. Esta exposición/experimento forma parte da programación de FKM Festival de Cinema Fantástico da Coruña.

Nano4814 – O androide de exploración avanzada Nano4814 constitúe o caso máis curioso e á vez exitoso da compañía Yutani. Ninguén agardaba que un modelo da serie N4000 programado para cumprir estritamente as súas tarefas de exploración exoplanetarias, rebelaríase contra as súas directrices, converténdose no primeiro científico non humano da compañía e servindo de base para a creación do famoso modelo N5000.

Brk192 – Baixo a superficie de Londres ocúltase gran parte da historia secreta do mundo. Moitos descoñecen a existencia dunha longa rede de túneles controlados polo milenario culto da Horda. Corre o rumor de que o seu líder, o sumo sacerdote BRK192, descubriu a forma de insuflar vida e conciencia a pequenos obxectos inanimados, instruíndoos baixo as súas sinistras doutrinas á espera do momento axeitado para lanzar a ofensiva definitiva contra os inimigos do culto.

Sekone – Tras os acontecementos que sucederon á 5ª gran guerra galáctica e tras a perda da Arca, o comandante S.S. Sekone abandonou a carreira tecnomilitar profundamente defraudado. Despois de resolver a clave do vector Sigma, comparte as súas tarefas de bibliotecario pangaláctico coa docencia da antiga arte do metalikato.

“…. O tres sabían que para levar a bo rumbo a misión terían que espremer ao máximo as súas habilidades. Durante tres días debían servirse dun arquivo de coñecementos acumulado durante tres vidas, e con iso completar os ocos do terrible enigma que se lles expuña. Á fin e ao cabo, estaba en xogo o destino de todo un multiverso…”

Lugar: Monty4, r/Montroig 4, 15001, A Coruña

Horarios da galería: De luns a venres, 11:00 a 15:00 e de 17:00 a 20:00

logo-gris-fondo-blanco-peque-mail