Trátase de curtametraxes que non puideron entrar a competición por incumprir algún dos puntos das bases de participación. Pero desde FKM non quixemos que vos perdades a oportunidade de gozalos.

Nuestra amiga la luna (Velasco Broca, 2016) 15’

Martes 25 Outubro 20:30h CGAI

Hadji é un mozo hindú con limitacións físicas que vive humildemente na ribeira do Ganxes. Tras perder o pouco que ten, é aceptado como discípulo por un guía espiritual de orixe rusa.

Distribución:

Bravo Tango Zulu
hello@bravotangozulu.com

Los viajes de Pichük, (Manel Cráneo y Paco Cuesta, 2016) 10’

Martes 25 Outubro 23:15h Cantones Cines

Pichük, un humilde científico, amósanos a rexión de Frondössia. Alí Urrakaploides e Flicks queren voar alto. O Tronkotrönk coñece moi ben eses comportamentos.. O resultado: pregunten aos Paxarräros, son os únicos sobreviventes

Distribución:

Mondotropo
mondotropo@mondotropo.com

Share o no Share (Juán Hervella-Rego, 2016) 19’

Mércores 26 Outubro 18:00h CGAI

“Legal” é o reálity show máis visto da historia, onde seis emigrantes compiten en durísimas probas para obter o permiso de residencia legal. É o programa máis salvaxe da televisión Até agora!

Distribución:

http://movemyshort.es/contactar/

Aciaga suicidius interruptus (Marcos Fernández Eimil, 2015) 9’40’’

Xoves 27 Outubro 18:00h CGAI

Unha muller de mediana idade tenta suicidarse pero aparece na historia alguén que llo impedirá…

Distribución:

Yaq Distribución
alicia@yaqdistribucion.com

Decorado (Alberto Vázquez, 2016) 11’

Xoves 27 Outubro 23:15h Cantones Cines

O mundo é un escenario marabilloso, mais ten un elenco deplorable.

Distribución:

Uniko Estudio Creativo
info@uniko.com.es

Autordeminuit
annabel@autourdeminuit.com