Martes 25 Outubro 11:30h. MAC

Mellor película de animación Sitges 2015

Tetsuzo, máis coñecido en Occidente como Hokusai, foi un artista de sona en todo Xapón polas súas sorprendentes obras, desde un Dharma xigante plasmado nunha folla de papel de 180 m2 até un par de gorrións pintados nun minúsculo gran de arroz, pasando por unha infinidade de obras mestras que realizou no seu máxico atelier e que hoxe en día son famosas no mundo enteiro. O que moita xente descoñece é que a terceira das  súas catro fillas, Ou-Ei, unha moza terca e independente, realizou anonimamente moitas das obras que hoxe en día se lle atribúen ao seu pai. Esta é a historia xamais contada de Ou-Ei, un retrato animado dunha muller de espírito libre eclipsada pola sombra do seu pai, que se desprega a través das estacións cambiantes.

Décadas máis tarde, Europa ía descubrir o talento de Hokusai, nomes como Renoir, Van Gogh e Monet admirarán a súa obra, pero moi poucos son conscientes da muller que lle axudou toda a súa vida e contribuíu enormemente á súa arte.

Galardoada con Premio do Xurado no 39º Annecy Film Festival, (2015); Satoshi Kon Award, 19th Fantasia Film Festival (2015) ; Audience Award, 19th Fantasia Film Festival (2015) ; Prix Séquences, 19th Fantasia Film Festival (2015); Mellor Pelicula de Animacion, Sitges (2015) .

selecta