Xoves 27 Outubro 12:00 FÓRUM

Entrada libre ata completar aforo

A cábala numerolóxica das efemérides reuniunos a estas dúas grandes figuras da literatura de ciencia ficción, moi coñecidas polas numerosas versións cinematográficas das súas obras.

Desde que no S. II Luciano de Samosata describise a primeira viaxe á Lúa e ós seus habitantes, a idea doutros mundos, como o noso, alumou na literatura e imaxinario colectivo. Johannes Kepler, Francis Godwin, Margaret Cavendish, Cyrano de Bergerac e Jules Verne, xunto a HG Wells serán os grandes pioneiros dun xénero que alcanzará a súa madurez na pluma de autores como Stanislaw Lem, entre outros.

Nesta Mesa falaremos sobre as diferentes visións que achegaron estes dous xenios visionarios a través das súas adaptacións cinematográficas.

Xosé Nogueira (USC) é doutor en Historia da arte pola USC e especialista na Historia do cinema en Galicia. Nos últimos anos adicou boa parte da súa investigación aos movementos contraculturais e transgresores no cinema e a fotografía españolas, e a analizar as relacións entre a televisión e a ficción audiovisual.

Fernando Agrasar (UDC) é arquitecto pola E.T.S.A da Coruña (1989) e Doutor pola Universidade da Coruña (2001). É profesor do Departamento de Composición da E.T.S.A da Coruña, como asociado desde 1990 até 2003 e, dende ese ano é Profesor Titular da área de Composición Arquitectónica. O seu traballo investigador está dirixido cara á análise das arquitecturas moderna e contemporánea, en especial en canto ás súas relacións con outras disciplinas creativas e con diversas manifestacións culturais.

Alberto R. Samaniego (UVIGO) Doutor en Filosofía pola Universidade Autónoma de Madrid. Magister en Estética e Teoría das Artes polo Instituto de Estética e Teoría das Artes da Universidade Autónoma de Madrid. Profesor titular de Estética e teoría das artes da universidade de Vigo. Coordinador do Máster de Arte Contemporánea: investigación e creación da Universidade de Vigo. Crítico cultural e comisario de exposicións. Publicou infinidade de libros e artigos, dirixido cursos e seminarios, nos que podemos observar o seu especial interese polo cinema.
Modera: Tonecho Otero (Codirector FKM)