Martes 25 Outubro 12:00 FÓRUM

Entrada libre ata completar aforo

Froito da colaboración entre FKM e a Facultade de Ciencias da Comunicación da Coruña nace este espazo dedicado á presentación e discusión de proxectos Fin de Grao realizados por estudantes de Comunicación Audiovisual. Unha selección coordinada por Antonio Seoane, que presentará aos seus autores e moderará un debate co público asistente.

Apollo Pioneer [Videoxogo]

Autores: Víctor Fernández (Game Design/3D modelling/Shading/Postprocesado), Jorge Míguez (3D Modelling, Guion), Aarón Saburido (Texturizado, Produción, Social Media)

Colaboradores: Jorge Peral (Concept art), Chimo Echeverría (Son)

Que pasaría se a aterraxe na lúa fose unha farsa? E se o proxecto Apollo formase parte de algo máis ambicioso? Isto é o que sucede en Apollo Pioneer. Ano 1965: Richard Reynolds, un astronauta da NASA que acepta participar no proxecto Apollo Pioneer, no cal vai formar parte da tripulación da primeira base lunar. Reynolds é crioxenizado como parte da iniciativa. O astronauta esperta no ano 2015, cando a enerxía da base está a piques de esgotarse. Atópase nun lugar deserto e desmantelado, no que xa non queda ninguén. Ou iso é o que o protagonista cre. Unha raza alieníxena descoñecida axexa en cada recuncho da base. Reynolds descobre que a humanidade foi atacada por eses seres e trata de atopar a forma de volver a casa.

Web: http://truemetalgames.wixsite.com/apollopioneer

Facebook: https://www.facebook.com/apollopioneer/

As Chiaventuras [Videoxogo]

Autoras: Cristina García Aradas e Beatriz Pombo Parí.

As Chiaventuras é un formato educativo transmedia dirixido a nenos e nenas de cinco anos mediante o que se desexan potenciar valores relacionados co crecemento persoal, a normalización lingüística e o respecto polos maiores e o medio ambiente. Todos os produtos do formato viran ao redor da historia de Pachi, unha pequena de cinco anos que se muda cos seus pais a finais do verán á aldea do seu avó. Alí coñece a un ser máxico, un mapache chamado Faíscas, que a axuda a vencer a súa timidez e a gañar a confianza necesaria para vivir as aventuras coas que sempre soñara.

The Magic Oven [Curta de animación]

Autoras: Andrea Sánchez Rodríguez, Natalia Senra Sanmiguel, Sandra Varela Quiñoy.

Sinopse: Rodolfo, un cociñeiro de prestixio, garda un gran segredo dentro da súa cociña. A súa actitude avariciosa fará que se meta nun gran problema.

https://www.facebook.com/themagicovenshort

Coordina: Antonio Seoane (Profesor Investigador na Facultade de Ciencias da Comunicación e do VideaLAB, Grupo de Visualización Avanzada da E.T.S Enxeñeiros de Camiños, C. e P. da Universidade da Coruña.