Sábado 29 de outubro ÁGORA

Sesión teórica 11:00-13:00h
Sesión práctica 17:00 a 20:00h
Entrada de balde até esgotar prazas. Reserva previa.

Louis Savy, fundador, director e programador do Festival de cinema SCI-FI de Londres, impartirá esta masterclass intensiva que nos ensina cómo rodar un filme de ciencia ficción case sen cartos.

1ª Parte. Sábado 29 de Outubro 11:00-13:00h ÁGORA

A guía do cinema de ciencia ficción Low Cost (Ou por que a Ciencia Ficción non debería custar unha fortuna)

O devandito máis común acerca das películas de ciencia ficción é que custa moito diñeiro facelas, leva moito tempo producilas e están fóra do alcance dos pequenos produtores.

Pero mentres que unha película de ciencia ficción pode ser tan cara como calquera outra película. Pódese facer boa ciencia ficción con pouco diñeiro ou case sen el.

Louis Savy, produtor de cinema e fundador do Festival SCI-FI de Londres, abordará este desafío e demostrará como é posible facer boa ciencia ficción con pouco ou ningún orzamento.

Na masterclass definirase que é ciencia ficción e que ficción especulativa, falarase sobre argumentos e sobre algunhas películas que poderían non parecer de ciencia ficción nun primeiro momento pero acaban séndoo.

Louis tamén falará sobre películas de baixo orzamento como Primer, American Astronaut e moitos outros exemplos que foron innovadores nos seus argumentos, atrezo, estudios de rodaxe, localizacións ? todo con orzamentos ínfimos.

Fará unha presentación con clips e unhas poucas curtametraxes do 48hr challege que el organiza. A charla dura uns 120′ e fomenta activamente as preguntas e o diálogo coa audiencia. Non é necesario levar nada. Trátase de falar acerca da estratexia a utilizar para facer ciencia ficción e facela por pouco diñeiro.

2ª Parte. Sábado 29 de Outubro 17:00-20:00h ÁGORA

Onde está a ciencia na miña Ficción?

Este é un obradoiro práctico de escritura de guións de ciencia ficción partindo de noticias reais sobre ciencia.

Usando revistas como Muy Interesante, National Geographic, Tendencias 21 e as seccións de ciencia e tecnoloxía dos xornais, farémosvos pensar en como coller estas noticias reais e usalas como base para crear atractivos dramas de ciencia ficción.

Tamén examinaremos como nosa área e situacións locais poden ser grandes panos de fondo para o desenvolvemento dun guión rendible. Durante o período do taller leranse as noticias e empezaremos un brainstorming de ideas e ao final esperamos ter algunhas ideas claras para unha ou varias películas de ciencia ficción.

Trae o teu block de notas e a túa imaxinación.

Louis Savy é o fundador, director e programador do Festival de cinema SCI-FI de Londres.

Durante os seus 15 anos o festival converteuse nunha gran plataforma para curtametraxes e películas  independentes de todas partes do mundo. Louis tamén organiza un 48hr filme challenge como parte do evento e axudou a crear preto de 1000 curtametraxes de ciencia ficción. É tamén produtor da galardoada The search for Simon e ten unha nova curtametraxe de ciencia ficción How to be human en postproducción agora mesmo. Lois está a facer tamén a preproducción dunha nova película chamada Rocket que ten previsto a súa estrea en 2018.

Apaixonado da ciencia ficción, o festival está agora adoptando a Realidade Virtual e as novas tecnoloxías de entretemento inmersivo para dispositivos de internet móbil chamada R.I.S.E.