29-30-31 de outubro MAC

Matrícula: 120€ (estudantes 10% desconto). Prazas limitadas.
Información  fkm@freakemacine.org
Reservas: formulario de inscrición

Horarios:
Sábado 29 OUT, de 11:30 a 13:30 e 17:30 a 21:00 MAC
Domingo 30 OUT, de 11:30 a 13:30 MAC

Para esta masterclass práctica Pablo proponnos partir dunhas pezas sinxelas, réplicas realistas de partes do corpo humano, sobre as que os alumnos traballarán acabados, pintura e efectos. As pezas serán realizadas polo artista para a ocasión.

Luns 31 OUT, de 17:30 a 21:00 OBELISCO

O Día dos Mortos a clase trasládase á rúa. No dispositivo de Maquillaxe FX a pé de rúa que FKM colocará en Obelisco, Pablo Perona realizará unha maquillaxe de exhibición cos seus alumnos como axudantes. Xuntos crearán unha caracterización de tipo fantástico, inspirada en monstros mariños e criaturas lovecraftianas. Esta será a “criatura” que conducirá a Zombiewalk polas rúas da cidade.

pabloperonaPablo Perona

Pablo Perona foi o Gañador do premio á “Mellor Maquillaxe e Perruquería” na derradeira edición dos Premios Goya e nos Premios Gaudí da Academia de Cinema de Cataluña, por Nadie quiere la noche (Nobody wants the night, Isabel Coixet, 2015).

Pablo Perona e May Effects participaron en infinidade de filmes e proxectos publicitarios. Estas son algúns dos títulos máis coñecidos nos que traballaron:

Toro (Kike Maíllo, 2015), Project: Lazarus (Mateo Gil, 2015), Embarazados (Juana Macías, 2015), Anacleto: Agente Secreto (Javier Ruiz Caldera, 2015), Don´T Grow Up (Thierry Poiraud, 2015), Summer Camp (Alberto Marini, 2014), Exodus: Gods And Kings (Ridley Scott, 2014), Caza al Asesino (The Gunman, Pierre Morel, 2014), Paradise lost (Andea di Stefano, 2014), Forever old (Matthias Streurer, 2012), Mindscape (Jorge Dorado, 2013), Presentimientos (Santiago Tabernero, 2013), Hansel&Gretel, Witch Hunters (Tommy Wirkola, 2013), Los últimos días (Alex y David Pastor, 2013) e Sur La Piste Du Marsupilami (Alain Chavant, 2010).

formx