MADE-IN-GALICIA

made-in-galicia

I Concurso Internacional de Guión para Curtametraxes FKM 2016

Organizado en colaboración ca Asociación Galega de Guionistas (AGAG), a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) e a European Women’s Audiovisual Network (EWA). Destinado a fomentar as producións de xénero fantástico, terror e ciencia ficción escritas en galego, valorando unha perspectiva feminista. O xurado está integrado por Nico Campos, Diego Casal e Alexia Muiños. A entrega de premios será na Cerimonia de Clausura, o domingo 30 no MAC.

Carne Crúa: presentación de proxectos work-in-progress

Carne Crúa son proxectos audiovisuais aínda na cociña. Reunión, de Raquel Pérez, Nación de Muchachos, de Javi Camino, As Crisálidas, de Samuel Lema, Mouras, de Olga Osorio e Sinistrum, de Omar Rabuñal estouparán nun fluxo de ideas en lonchas directas ao córtex, coma unha orxía fagocitante de miolos fileteados e fermentos globulares.

Sección Sen Límites

Trátase de curtametraxes que non puideron entrar a competición por incumprir algún dos puntos das bases de participación. Pero desde FKM non quixemos que vos perdades a oportunidade de gozalos tanto coma nós.

25 OCT 20:30h CGAI

Nuestra amiga la luna (Velasco Broca, 2016) 15’

25 OCT 23:15h CANTONES CINES

Los viajes de Pichük, (Manel Cráneo y Paco Cuesta, 2016) 10’

26 OCT 18:00h CGAI

Share o no Share (Juán Hervella-Rego, 2016) 19’

27 OCT 18:00h CGAI

Aciaga suicidius interruptus (Marcos Fernández Eimil, 2015) 9’40’’

28 OCT 22:30 CANTONES CINES

Decorado (Alberto Vázquez, 2016) 11’

Mesas Cadradas

Espazo reflexivo e de intercambio entre os diversos profesionais do audiovisual e o seu público, tanto estudantes de audiovisual, comunidade universitaria e de formacións superiores, como curiosos en xeral.  Acollen temáticas especialmente dedicadas ao cinema galego.

Mesa Cadrada 1: Videoxogos, Animación e Ficción

Froito da colaboración entre FKM e a Facultade de Ciencias da Comunicación da Coruña nace este espazo dedicado á presentación e discusión de proxectos Fin de Grao realizados por estudantes de Comunicación Audiovisual. Unha selección coordinada por Antonio Seoane, que presentará aos seus autores e moderará un debate co público asistente.

Mesa Cadrada 2: Videoxogos Made-in-Galicia

A día de hoxe o desenvolvemento dos videoxogos en canto á creación de guións, personaxes, interacción, tecnoloxías de 3d e realidade virtual acadaron un nivel de complexidade altísimo, similar ao cinema. Constitúe ademais unha industria cun mercado inmenso. Por iso queremos abrir este espazo que analiza a situación de Galicia na creación de videoxogos. Ramón Mendez, Alba Calvo, José Garnelo, Sergio Prieto,  David Martínez e Pilar Cela falarán sobre as súas experiencias. Modera Marcus Fernandez.

Mesa Cadrada 4: Mulleres creadoras do audiovisual

O papel e a situación das mulleres no mundo do audiovisual será posto sobre a mesa por cinco creadoras, Emma Lustres, Xisela Franco, Alexia Muiños e Beli Martínez, que aportarán as súas propias experiencias e reflexións sobre o tema. Modera María Núñez, codirectora de FKM.