Xoves 27 Outubro 18:00h CGAI

Entrada libre e de balde até completar aforamento.

Comedia negra e thriller fantástico que terá o seu Premiere Mundial no BIFFF, festival internacional de cinema fantástico de Bruxelas.

O guión da valija de Benavidez foi seleccionado para participar na Clínica de Guión do III Bolivia Lab, do Mercado Internacional do Festival de Guadalaxara e da sección Blood Window dentro do Mercado internacional de Ventana Sur. Nesta última sección o Work in Progress do filme recibiu dous premios:

  • Premio GIANT: Secuencia de títulos iniciais
  • Premio Sofía Films: Corrección de cor e supervisión de efectos visuais

Distribuidora: Ninja Films Argentina magalin@gmail.com

Laura Casabe (Bos Aires, 1982). Directora, guionista e crítica de cinema. Colaborou en diversos proxectos como actriz, cámara e editora. Despois de rodar de maneira moi independente traballos como a curtametraxe  La vuelta del malón ou El Hada buena. La valija de Benavidez supón a súa primeira película oficial.