Mércores 26 Outubro 20:30h CGAI

Entrada libre e de balde até completar aforamento.

É o ano 2163. A nave Ikarie XB-1 é enviada a un misterioso “planeta branco” que orbita ao redor da estrela Alfa Centauri. Viaxando a unha velocidade próxima á da luz, a viaxe dura ao redor de 28 meses para os astronautas, aínda que debido aos efectos da relatividade, transcorrerían na Terra 15 anos no momento en que cheguen ao seu destino. Durante a viaxe a tripulación deberá adaptarse á vida no espazo, así como facer fronte a diversos riscos, como unha nave espacial abandonada do século XX que porta armas nucleares, unha “estrela escura” que emite unha radiación mortal, e o desequilibrio mental dun dos tripulantes, que ameaza con destruír a nave espacial.

A AIP fixo numerosos cambios na versión en inglés do filme. O título foi cambiado a Voyage to the End of the Universe. Foron cortados dez minutos da metraxe orixinal, os nomes nos créditos foron “anglofonizados”, o destino da nave foi rebautizado como “o planeta verde” e cambiouse o final. O guión, de Pavel Jurá?ek e o propio director, está baseado na novela de S. Lem, A Nube de Magallanes (1955). Outros títulos baseados na súa obra foron Der Schweigende Stern (1960), Test pilota Pirxa (1979) ou Solaris (1968).