Exposición de Emma Ríos: Bella Muerte

bella-muerte-de-emma-rios

Exposición de Emma Ríos: Bella Muerte

Fundación Luís Seoane

1 OUT a 27 NOV

FKM, Festival de Cinema Fantástico da Coruña, na súa 8ª edición presenta a exposición Bella Muerte, da autora galega de renome internacional Emma Ríos. A exposición consiste nun conxunto de 72 obras orixinais a tinta pertencentes á primeira e segunda parte (inédita en España) do libro homónimo e outras obras de I.D., o seu último traballo persoal. Esta exposición complétase cunha intervención mural realizada pola artista na mesma sala.

A inauguración terá lugar o sábado 1 de outubro ás 13:00h na Fundación Luís Seoane. Alí a autora compartirá a súa experiencia e asinará exemplares da súa obra. Ademais teremos a oportunidade de degustar a cervexa artesá de trigo Bandua amenizada cunha selección musical da propia autora.

Esta mostra continúa a serie de exposicións que o festival vén realizando na Fundación Luís Seoane sobre a obra de ilustradores galegos. Creadores como Manel Cráneo, Luís Sendón ou David Rubín expuxeron as súas obras no marco do festival.

MARVELCoverTemp copy.indt
Emma Ríos é unha autora que se forma a medio camiño entre a arquitectura e a autoedición, ata que consegue dedicarse profesionalmente á historieta en 2007. Fixo traballos de encarga para varias editoriais americanas como Boom! Studios, tras cuxa publicación non tardaron en chegarlle os primeiros encargos en Marvel (tres miniseries e dous one-shots ), así como colaboracións puntuais en Amazing Spider-man . Volve ao cómic de autor en 2013 da man de Image Cómics . En 2014 foi nomeada aos premios Will Eisner. Actualmente coedita a revista Island con Brandon Graham e é cocreadora de Bella Muerte con Kelly Sue DeConnick e de Mirror con Hwei Lim.

emma-rios_20
En Bella Muerte, DeConnick e Ríos parten dun western de aspecto clásico para, a continuación, distorsionarlo e convertelo en algo totalmente novo, onde o inesperado se converte en habitual. A primeira entrega foi nomeada a varios premios Eisner en 2014: Kelly Sue DeConnick como mellor guionista, Emma Ríos por mellor lapis/entintado e mellor portada, e Jordie Bellaire na categoría de mellor cor.

bandua-logo