I Concurso Internacional de Guión para Curtametraxes FKM 2016

Organizado en colaboración ca Asociación Galega de Guionistas (AGAG), a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), a European Women’s Audiovisual Network (EWA).

XURADO:

Nico Campos naceu a unha idade moi temperá e logo medróu. Desde ese momento até a actualidade, combater o tedio é o seu maior reto, polo que se adica a afrontar todo tipo de proxectos. Fixo curtametraxes, documentais, videoclips e algún anuncio de televisión. Escribiu guións para series de televisión; Realizacións en directo de concertos, para xente como Offspring, Bebo Valdés, Prodigy ou o pai Jony… Por traballar, até realizou unha campaña electoral. Vídeos seus puxéronse en sitios como o CGAC, o MARCO ou o círculo de Belas Artes de Madrid, seguramente porque os organizadores non sabían que os fixo él. En televisión tentou subvertir á mocidade no Xabarín Club e á poboación en xeral no programa Vivir Aquí. Actualmente é presidente da Asociación Galega de Guionistas, cousa que segue desconcertando aos seus biógrafos.

Alexia Muiños nace na Coruña, estuda música no Conservatorio Superior e licénciase en CC.Químicas. Traballa un par de anos nunnha multinacional de TI cando decide dar un xiro á súa vida e comeza estudos de cinema. Graduáse como directora e guionista na escola CECC en Barcelona- con profesores como Jose Luis Guerín, Luis Aller e Michel Gaztambide- e grazas a unha bolsa de estudos, completa a súa formación en Nova York. Actualmente traballa en distintas facetas do mundo audiovisual e do teatro, realizando videoclips e reportaxes ademáis de películas de ficción. Compaxina o seu traballo como directora coa docencia. O seu estilo foi valorado como íntimo e moi persoal, próximo á expresión poética. É directora adxunta de European Women’s Audiovisual Network. A súa próxima película, As troitas cantan ao mencer, rodarase no 2017 e o proxecto foi distinguido coa axuda de Creative Europe e o apoio de Agadic.

Diego Casal é Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade Pontificia de Salamanca e Máster en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Vigo. Leva dez anos adicándose ininterrompidamente á produción de televisión en Galicia. Deu os seus primeiros pasos na produtora CTV e desde 2010 é xefe de produción noutra das empresas galegas de referencia no sector, Pórtico Audiovisuais. Durante este decenio participou na produción de formatos de humor, magacín, informativos, directos, docushows, cultura, musicais, concursos, realities e ficción.