Venres 28 Outubro 18:00 e 20:30h CGAI
Entrada libre e de balde ata completar aforo

**Sesión especial competición**

26 Outubro 23:15h Cantones Cines

einstein-rosenEinstein-Rosen (Olga Ossorio, 2016) 10’

Verán de 1982. No serán, dous irmáns atopan un “burato de verme”.

Distribución: missmovies.producciones@gmail.com

*Presencia de la directora y el equipo del cortometraje.

Sesión 1 (Venres 28 Outubro 18:00)

1-you-are-going-to-die-tonightYou’re Gonna Die Tonight (Sergio Morcillo, 2016) 18’ – España

Unha muller goza do pracer dun baño quente mentres goza do seu propio corpo. A chamada dun descoñecido interrompe a súa tranquilidade. A peor noite da súa vida acaba de empezar con tan só unas poucas palabras; “Vas morrer esta noite”

Distribución:
Yaq Distribución
alicia@yaqdistribucion.com
Estrea en Galicia.

2-disco-infernoDisco Inferno (Alice Waddington, 2015) 12’ – España

Unha funcionaria infernal ten a misión de rescatar á súa xefa. Pero o Diaño está disposto a volver á súa rutina diaria…

Distribución:
Marvin & Wayne
fest@marvinwayne.com
Estrea en Galicia

3-cambioCambio (Daniel Romero, 2016) 9’ – España

Víctor e Ana gozan duns días de vacacións nun lago idílico. Tras unha forte discusión, a moza penétra no bosque. Cando decide ir buscala, Víctor descobre que un home o está observando agochado entre as árbores..

Distribución:
Yaq Distribución
alicia@yaqdistribucion.com
Estrea en Galicia

4-accidents-blunders-and-calamitiesAccidents, Blunders and Calamities (James Cuninngham, 2015) 5’ Nueva Zelanda

Inspirado no clásico de Edward Gorey, esta comedia negra é un alfabeto hilarante e brutal da morte e o caos propinado aos animais polos seres humanos.

30 animais feitos con CGI  foron meticulosamente deseñados e asasinados por un equipo de 44 estudantes da Media Design School de Auckland en Nova Zelandia

Distribución:
Media Desing School
jamesc@mediadesignschool.com

5-three-wise-monkeysThree wise monkeys (Miguel Ángel Font Bisier, 2015) 7’ – España

Os Tres Monos Sabios representan a vontade de non ver o mal, non ouvilo e non falar del, algo que resulta complicado cando este escóndese detrás de cada esquina. Unha ambigua lección que Zoe aprenderá á forza cando reciba unha figurita representando aos tres simios… Esperta o teu lado salvaxe

Distribución:
Promofest
info@promofest.org

poster-four-three-fourFour | Three | Four | Zero (Sonia Albert Sobrino y Miriam Albert Sobrino, 2016) 5’ – Galicia/USA

Unha vella moviola Steenbeck edita a unha muller mentres unha película experimental a forza sadísticamente a comprender a natureza da súa prisión de celuloide.

Distribución:
Also Sisters
info@alsosisters.com
Estrea en Galicia

7-la-voceLa Voce (David Uloth, 2015) 14’ – Canadá

Edgar traballa nun matadoiro. encántalle a ópeara e Ginette, a stripper dos seus soños. Edgar está a piques de pedirlle que case con el, cando cando a atopa deitándose co seu xefe. En Shok, perde a súa voz e desafortunadamente atópase a si mesmo coa voz dun porco.

Distribución:
Travelling Distribution
coordo@travellingdistribution.com
Estrea en Galicia.

9-pyotr495PYOTR495 (Blake Mawson, 2016) 15’ – Canadá

Pyotr, un mozo de 16 anos é enganado por unha tribo de ultra-nacionalistas coñecidos polos seus violentos secuestros e ataques homofóbicos promovidos pola lei rusa contra a propaganda LGBT. Pero Pyotr ten un escuro segredo.

Distribución:
Blake Mawson
blakemawson@gmail.com
Estrea en Galicia

10-wholeWhole (Verena Klinger y Robert Banning, 2015)  8’ – Alemania

Unha relación é posta a proba cando o marido decide facer un sacrifício drástico pola súa esposa.

Distribución:
Robert Banning
robert.banning@posteo.de
Estrea en Galicia

11-portal-to-hellPortal to Hell ( Vivieno Caldinelli, 2015) 11’- Canadá

Un porteiro malhumorado e ermitán é lanzado á loita definitiva contra o mal cando os membros dunha seita abren un portal cara á antiga cidade de R’lyeh, espertando un deus dormente.

Distribución:
Fear & Desire Productions
ryan@fearanddesireproductions.com
Estrea en Galicia

Sesión 2 (Venres 28 Outubro 20:30)

1-dragons-scaleThe Dragon’s Scale (James Cuninngham, 2016) 10’20’’- Nueva Zelanda

Un guerreiro e o seu fillo están nunha procura para curar o tartamudeo do seu fillo. Pero o neno debe ensinar ao seu pai a aceptarlle tal e como é.

Distribution:
Media Desing School
jamesc@mediadesignschool.com
Estrea en España

2-la-lisiereLa Lisiére (Simon Saulniere, 2015) 16’ – Francia

Nun futuro próximo, nun bosque onde reina a anarquía, unha moza emprende unha viaxe para localizar a uns ladróns que lle quitaron o que máis lle importa.

Distribución:
Gravity Films
lefilmlalisiere@gmail.com
Estrea en Galicia.

3-dog-bowlDog Bowl (Gordy Hoffman, 2015) 19’ – USA

Unha moza desilusionada vai en espiral pola vida ata que tropeza coa verdadeira natureza da súa existencia tras roubar o arnés dun can.

Distribución:
Gordy Hoffman
gordy@bluecatscreenplay.com
Estrea en España

5-vocesVoces (Ricardo Farias y Christian Cueva, 2016) 13’ – México

Un reporteiro novato en contra da súa vontade é enviado a cubrir un accidente onde un par de nenos caeron nun foxo. O que sucede despois, pasa a fronteira da razón.

Distribución:
Salto de Fe Films
vocesshortfilm@gmail.com
Estrea en Galicia

6-the-itchingThe Itching (Dianne Bellino, 2016) 15’- USA

Intenso e visceral, cálido e inquietante. The Itching investiga sobre os nosos anhelos de conexión con outras persoas e revela a vulnerabilidade, a ansiedade e a incerteza que levan intrínsecos.

Distribución:
Dianne Bellino
diannebellino@gmail.com
Estrea en España

7-0-negative0 Negative (Gigi Saul Guerrero, 2016) 3’29’’ – México

Gigi Saul Guerreiro  (El Gigante, Madre de Dios) preséntanos o seu segmento para a sétima entrega de Women  in Horror Massive Blood Drive PSA 2016, un proxecto anual creado por The Soska Sisters, as directoras detrás de Twisted Twin Productions (American Mary, TV’s Hellevator).

Distribución:
Lucha Gore Productions
luchagoreproductions@gmail.com
Estrea en España.

8-qaqqari-la-tariQaqqari lā Târi (Luís Gómez Torres, 2016) 5’ – España

Qaqqari lā Târi é unha curtametraxe en stop- motion que indaga na existencia e o transcender

Distribución:
Luís Gómez Torres
luisgomezytorres@gmail.com
Estrea en Galicia

8-the-absence-of-eddy-tableThe Absence of Eddy Table (Rune Spaans, 2016) 12’ – Noruega

Que pasaría se o teu peor pesadelo e o teu gran amor fosen a mesma cousa? Perdido nun escuro bosque, Eddy Table atópase cunha misteriosa moza e terribles criaturas.

Debería escapar, pero algo llo impide. Esta hisoria de terror romántico está baseada na obra do canadense Dave Cooper, quen ademais se fai cargo do guión.

Distribución:
Norsk Filminstitut
Arna-Marie.Bersaas@nfi.no
Estrea en España

9-gwilliamGwilliam (William Lonano, 2015) 6’ USA

Un criminal recentemente desencarclado está a buscar pasar un bo intre. El pode ovidar o seu pecados pero nunca poderá esquecer a … Gwilliam.

Distribución:
Brian Lonano
brian.lonano@gmail.com

Xurado Curtametraxes

Louis Savy é o fundador, director e programador do Festival de cinema SCI-FI de Londres.
Durante os seus 15 anos o festival converteuse nunha gran plataforma para curtametraxes e películas independentes de todas partes do mundo. Louis tamén organiza un 48hr filme challenge como parte do evento e axudou a crear preto de 1000 curtametraxes de ciencia ficción. É tamén produtor da galardoada The search for Simon e ten unha nova curtametraxe de ciencia ficción How to be human en postproducción agora mesmo. Lois está a facer tamén a preproducción dunha nova película chamada Rocket que ten previsto a súa estrea en 2018.
Apaixonado da ciencia ficción, o festival está agora adoptando a Realidade Virtual e as novas tecnoloxías de entretemento inmersivo para dispositivos de internet móbil chamada R.I.S.E.

Samuel Lema posúe unha formación multidisciplinar que vai das Belas Artes á escritura de guión e á produción. Traballou en departamentos de desenvolvemento creativo, arte e produción, tanto en animación, como imaxe real. No 2011 crea a productora VTF para realizar proxectos propios, dos que destacan as curtas LA CARNE CRUDA e DESDE DENTRO co que consegue a través do EPC ser seleccionado nos foros de coprodución de Cannes e Locarno. Nos últimos tempos compaxina os estudos de doutoramento enfocados ao Cinema Underground co desenvolvemento do proxecto experimental STALK, e a miniserie AS CRISÁLIDAS.

Chelo Loureiro, especializada na xestión de empresas con actividades relacionadas coas Industrias Culturais (Comunicación, Literatura, Cine e Artes Plásticas) desde hai anos traballa exclusivamente no sector audiovisual. Forma parte da xunta directiva de AGAPI (Asociación Galega de Produtores Independentes), Delegada en Galicia de CIMA (Asociación de Mulleres Cineastas), membro da Academia de la Artes y de las Ciencias Cinematográficas de España e da Academia Galega do Audiovisual. Como produtora executiva ten producido series para TV, curtas, documentais e longametraxes que colleitaron innumerabeis premios e percorrido festivais internacionais: Decorado, Migas de Pan, O Xigante, A Tropa de Trapo no País onde Sempre brilla o sol, entre outras.