COLABORACIÓN con MÓRBIDO FEST

Mórbido Fest realizou a súa primeira edición no 2008. Creouse como un espazo de difusión para o cinema mexicano e para recuperar a longa tradición na produción de cinema fantástico e de terror en México. Despois da súa primeira edición, Mórbido evolucionou, para ademais de ser un festival integral que exalta a cultura mexicana, as súas tradicións e o seu cinema, ser un xerador de contidos multiplataforma relacionados co xénero fantástico e de terror.

Hoxe, Mórbido é un proxecto que combina de maneira orgánica un festival internacional de cinema e unha plataforma de comunicación que chega a un público de máis de 10 millóns de persoas mensualmente. Esta plataforma inclúe: un programa de radio en FM, un podcast, unha pequena editorial e un selo de distribución de cinema de terror.

Mórbido Fest enfócase na proxección, promoción e revalorización do cinema fantástico e de terror. As emocións, sorpresas e reflexións que provocan as curtas e películas que proxectamos son o sangue que nos sustenta. É un gusto compartir unha das películas da nosa selección co FKM.

sábado 29 oct 18:00h cgai

Scherzo diabólico (Adrián García Bogliano, 2015) 91’

Da tortuosa e prolífica mente de Adrián García Bogliano, un dos nosos realizadores favoritos, chega esta perversa historia de dinámicas de poder.

Aram atópase inmerso na monotonía da súa vida á espera dunha promoción laboral que non chega; o seu xefe maltrátao e a súa esposa non se interesa máis no seu matrimonio. El decide cambiar as cousas e secuestra a unha nova. O que el non sabe é que o seu plan ten unha falla e todo se mega ultra recontra complicará.

Distribución: Salto de Fe Films andrea@saltodefefilms.com

Adrián García Bogliano (Madrid, 1980). Criouse en Arxentina. Cineasta e guionista, é un dos grandes responsables da eclosión do cinema de xénero no seu país grazas a películas como Sudor frío (2010) ou Ahí va el diablo (2012).

SELECCIÓN FKM EN MÓRBIDO FEST

Difundir o cinema galego internacionalmente é unha das premisas fundacionais de FKM. Froito diso nace esta colaboración con Mórbido Fest, de México. Alí FKM presentará unha selección das mellores curtametraxes Made-in-Galicia realizados nos últimos anos e unha retrospectiva monográfica de Alberto Vázquez.

El grifo (Denis Rovira, 2010) 15’

Unha familia prepárase para saír de vacacións, e a tensión é tan palpable que podería cortarse cun coitelo. As cousas quedan sen dicir, tratando de explicar… e o avó queda só ao coidado do fogar familiar. Unha situación que se transformará no indecible. Alguén dixo “grifo”?

Distribución: info@denisrovira.com

Mr. Bear (Andrés Rosende, 2011) 15’

Este nadal vanlle a custar un ollo da cara… e talvez algúns dedos..

Distribución: fest@marvinwayne.com

Estereoscopía (Xacio Baño, 2011) 12’

Emilio vive só, refuxiado no anonimato da urbe. Un día ao ir traballar atropélano e perde a visión do ollo esquerdo. Os médicos trasplantanlle o ollo doutra persoa, e comeza a ver a vida do doante.

Distribución: fest@marvinwayne.com

Lvoluten Osken (Javi Camino, 2012) 5’

Cinco minutos de pesimismo, absurdo e batido de fresa.

Distribución: magnetova@gmail.com

Jamón (Iria López, 2012) 8’

Jose é un adolescente que vive nunha cidade española e é o único porco dentro dunha familia de humanos. Un día, un veciño novo instálase na porta de á beira da súa casa e a partir de aí José empeza a darse conta de quen é realmente.

Distribución: iria.lopez@wearewednesday.com

Koan (Omar Rabuñal, 2013) 15’

Un director de cinema, soña que actúa nunha película na que é consciente

Distribución: omarfeans@yahoo.es

M is for melon (Luís Solarat y Uve Zatopek, 2013) 2’

Home, Máquina e Natureza

Distribución: lsolarat@gmail.com

La carne cruda (Samuel Lema, 2014) 19’

Desde a súa infancia Hansel sempre tivo un desexo: devorar a un ser humano. O seu vello boneco apenas enche o seu baleiro afectivo. Tras a morte da súa nai decide facer realidade o seu soño, convertendo os seus desexos nunha perigosa necesidade. Unha necesidade mortífera cando xa non queda máis carne que devorar.

Distribución: samuellemaferreira@gmail.com