Cerimonia de clausura

Domingo 30 Outubro 18:30 MAC

A Cerimonia de Clausura terá lugar no MAC (Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa) o domingo 30 de outubro a partir das 18:30h.

Comezaremos pola entrega de premios da VIII Edición de FKM, Festival de Cinema Fantástico dá Coruña. Farase entrega dos trofeos e galardóns do Concurso Internacional de Curtametraxes, do Concurso Internacional de Longametraxes Ópera Prima e do Concurso Internacional de Guións para Curtametraxes.

A cerimonia estará amenizada con presentadoras, espontáneos, música, vídeos e o concerto de OIDE:

OIDE é o proxecto individual de Iago Alvite (Diluyana, Frustradicción, Machetazo, Proxecto Minamata, Comando Psicográfico…), un proxecto dúctil, flexible, e mutante. Non é un proxecto, por tanto, que pretenda circunscribirse a un xénero musical concreto senon que trata de ser o saco onde ir depositando todas aquelas producións ou sensibilidades máis persoais. Tampouco se limita a un plantexamento técnico único, abranguendo tanto improvisación pura, desenvolvementos-catapulta ou pezas compostas únicamente para estudo. Nesta ocasión Iago únese a Saúl Puga (contrabaixo) e Pablo Seoane (piano) para argallar e improvisar sobre/en paisaxes FKMicos.

Finalizaremos a velada cun cóctel cortesía do museo anfitrión.