Martes 25 Outubro 18:00 e 20:30h CGAI

Carne Crúa son proxectos audiovisuais aínda na cociña. Son un fluxo de ideas en lonchas directas ao córtex, unha orxía fagocitante de miolos fileteados e fermentos globulares.

Reunión, un proxecto de Raquel Pérez

Victor deixa a cidade e chega a un pobo onde atopou traballo. Unha antiga casa do extarradio vaise a converter no seu novo fogar onde lle espera Cándida, a súa caseira. Algo estrano e inquietante incítalle a Victor a descubrir que nesa casa non vive só.

Despois de Volant, Cristina Pérez embárcase no seu segundo proxecto, unha curtametraxe enmarcada no xénero de terror.

Raquel Pérez. Licenciada en Comunicación audiovisual pola universidade da Coruña. A súa primeira curtametraxe de xénero social titúlase Volant, co que participou no Certame Internacional Doblerol e en Cortopatía de Madrid. Gañou o segundo premio no Festival CINEOI 2016.

A súa afección ao cinema de terror e a súa afección a directores como Corman, Argento e ás películas da Hammer entre outros, anímanlle a escribir e a dirixir a curtametraxe Reunión.

Sinistrum, un proxecto de Omar Rabuñal

“En Sinistrum, atoparás as mellores historias de terror de youtube, creadas e interpretadas por actores, directores e montadores profesionais. Apaga as luces, sobe o volume dos teus altofalantes e goza…se podes”. Así se describe a nova canle de youtube creada por Omar Rabuñal totalmente adicada a contarnos historias de terror como as de outrora.

Omar Rabuñal. Realizador, guionista e actor, con máis de 10 anos de experiencia no medio audiovisual. Entre os seus traballos máis coñecidos, está a serie de ficción “Para mariñeiros, nós” e o programa de televisión “No mellor da vida”. Traballou como actor para compañías teatrais como Ancora Producciós ou Teatro do Noroeste e na televisión, na serie “Padre Casares”.  Dirixiu también varias curtametraxes como as multipremiadas “Koan” ou “Da man da Raíña Vermella”

Nación de Muchachos, un proxecto de Javi Camino

Nación de Muchachos é a día de hoxe un documental sobre o mundo do circo, pero tamén unha utopía mística sobre unha democracia experimental baseada nun sistema pedagóxico revolucionario. Unha película de aventuras sobre soños que se fan realidade, pero tamén un escuro thriller político protagonizado por unha variada galería de personaxes encabezada polo seu fundador: o Pai Silva. Un cura comunista cunha vida e cosmovisión que están á altura das máis incribles haxiografías.

Javi Camino. Fanático do cinema desde moi novo, especialmente nas súas vertentes máis estrafalarias. Unha paixón que lle levou a coller cedo a cámara e gravar as súas propias fantasías, sempre con máis ganas que medios. Así naceron as súas primeiras curtas e mesmo unha longa (Maldito Bastardo!). Dirixiu máis de 30 videoclips, series de televisión (“Casa Manola”) e webseries (“O viúvo quere mimos”).

As Crisálidas, un proxecto de Samuel Lema

Samuel Lema posúe unha formación multidisciplinar que vai das Belas Artes á escritura de guión e á produción. Traballou en departamentos de desenvolvemento creativo, arte e produción, tanto en animación, como imaxe real. No 2011 crea a productora VTF para realizar proxectos propios, dos que destacan as curtas LA CARNE CRUDA e DESDE DENTRO co que consegue a través do EPC ser seleccionado nos foros de coprodución de Cannes e Locarno. Nos últimos tempos compaxina os estudos de doutoramento enfocados ao Cinema Underground co desenvolvemento do proxecto experimental STALK, e a miniserie AS CRISÁLIDAS.

Mouras, un proxecto de Olga Osorio

Mouras é o próximo proxecto de Olga Osorio, directora da multipremiada curtametraxe de ciencia ficción, ReStart.

Olga Osorio. Directora, produtora, montadora e guionista. É profesora de Dirección de Fotografía na facultade de Ciencias da Comunicación de Coruña e de Realización na Escola de Imaxe e Son. O seu primeiro curto de ficción, ReStart (2015), foi seleccionado na sección oficial do festival de Sitges e en numerosos festivais internacionais, entre eles o Paris International Fantastic Film Festival, Fantasia (Montreal) ou o Philip K. Dick de Nova York. Con él acadóu tamén o premio ao mellor director galego no 43 Curtas Film Fest. É tamén a directora dos vídeos musicais Buscando a Superfama (2015) (Mestre Mateo 2016, mellor videoclip en Cans e premio Crea 2016 á mellor dirección de videoclip) e Garden’s Road (2014), polo que entre outros galardóns obtivo o Mestre Mateo en 2015. Como fotógrafa o seu traballo estivo exposto en Fundación Caixanova de Vigo, Quiosco Alfonso da Coruña ou a sala Salvador de Madariaga (CGAI) da Coruña e foi recollido en diversas publicacións, catálogos e monografías. O seu último traballo fílmico até a data é Einstein-Rosen, co que competiu na Sección Oficial do Festival de Sitges (2016).