Sábado 29 Outubro 21:00h ÁGORA

Sesión Dobre: Blood Feast (1963) + Two Thousand Maniacs! (1964)
Entrada: 6 €  (7€ en taquilla) [BONO 10€ inclúe Bad Taste (Peter Jackson, 1987) + Green Room (Jeremy Saulnier, 2015)] COMPRAR

Uns misteriosos asasinatos sucédense nun pobo norteamericano. Un cociñeiro exipcio, chamado Ramsés, é contratado por unha nai para preparar a comida da festa da súa filla. Ramsés é un tipo aplicado e decide facer un prato que ninguén fixo en 5.000 anos.

Mística exipcia, sacrificios rituais, personaxes raros, cociña de autor caníbal e litros de sangue a toda cor. Unha película cualificada de insana, na que Herschell explora “unha área diferente do noxo”. Pouco importaba que os actores fosen malos, os efectos de baratillo (a pintura vermella e os emplastos de chicle)… “o que importaba é que estaban a ver algo que non viran antes”.