Martes 25 Outubro 23:15h Cantones Cines

Entrada libre e de balde até completar aforamento.

Baskin foi unha das grandes revelacións da sección Midnight Madness do certame de Toronto e do Fantastic Fest de Austin (Texas) onde o seu director, Can Evrenol, acadóu o premio ao mellor realizador debutante. Así mesmo, tamén vén de acadar o Premio Fantrobia na pasada edición do Festival de Cinema Fantástico de Bilbao-Fant.

Distribuidora: La aventura Audiovisual ferran@laaventuraaudiovisual.com

Can Evrenol (Istambul, 1982). Licenciado en History of art & film studies pola Universidade de Kent, dirixiu publicidade e curtametraxes como To My Mother and Father (2010) e Baskin (2013). Este último é a orixe do seu debut na longametraxe.