Venres 28 de Outubro 00:00h Cantones Cines
Entrada: 4,50 € (5,50 € en taquilla) [BONO 10€ inclúe Homenaxe Herschell Gordon Lewis + Green Room (Jeremy Saulnier, 2015)]
COMPRAR

Moito antes de alternar con Hobbits, Ananos, Elfos e charramangadas varias, a Peter Jackson gustáballe convivir con alieníxenas devoradores de hamburguesas de ser humano e cultivar un desquiciante humor surrealista. A súa opera prima é unha película de culto filmada os fins de semana ao longo de catro anos, coa axuda de amigos e veciños. Uns extraterrestres, verdadeiros Trolls, invaden o pobo de Kaihoro, en Nova Zelandia. Os habitantes do pobo son asasinados para converterse en comida rápida. O goberno envía a catro macarras para deter a invasión. Un descoidado e torpe

vendedor é atrapado e levado á gorida dos marcianos, onde sementa o caos e o ridículo até a aniquilación.

Acción absurda e frenético gore para unha comedia extraterrestre.