Venres 28 Outubro 11:30h. MAC

(+12)

Uns adolescentes que estudan filosofía en Iacarta afrontan o seu último día na escola e o seu profesor decide despedilos con algúns labirintos morais que poñan a proba o seu concepto da racionalidade. En plena Apocalipse nuclear, só dez dos vinte alumnos poden acceder ao búnker: que farán para conseguir unha desas 10 prazas?

O filme presenta dilemas como o asasinato dunha persoa en beneficio de salvar a cinco, así como a necesidade de probar a fidelidade dos teus amigos e decepcionarte ou continuar coa incógnita manténdoos ao teu lado. Son bos exemplos, bos tests, que non só supoñen un reto para os alumnos senón tamén para nós. O filme fainos pensar cos personaxes, inclúenos indirectamente no relato.

Con esta película, que reivindica o papel da filosofía na educación queremos celebrar o Día do Ensino no MAC.

 

selecta